Benvid@ ó sumidero.
Se eres un fanátic@ das páxinas gráficas e con gran cantidade de cousas inútiles será mellor que deixes de ler isto canto antes e deas una volta por outra merda de páxinas máis adecuadas a túa situación. :)
mmm... aínda segues eiquí ? ;-)
Está ben, considerando que non eres tan pailán coma pensaba, seguiremos co contido da páxina. :-)
Primeiramente véxome obrigado a comentar algunhas cousas que non veñen a conto, co fin de aburrir os presentes... :-)))
Historia do autor... (a que ven agora esta carallada ?)
Din por ahí, que a miña nai deulle por chamarme alex (aka: z0mbie), nalgún lugar ben pasados os anos 70. Estudiei (nalgún rato libre) Informática nun ciclo superior de administración de sistemas en Ferrol. (provincia de A Coruña). O pouco tempo restante, procuro malgastalo nun conxunto de vicios confesables }:-). Dono dun aspecto totalmente impresentable de cara ó público no cal poderíamos citar coma o máis destacable un peinado cunha cresta/melena en plan indio mohicano. Isto, sumado ó tipo de roupa que levo, fai que polo xeral a xente me mire con mala cara alá onde vou...
Aficionado á informática dende moi rapaz e cunha longa árbore xenealóxica de ordenadores na miña vida, quedeime estancado fai uns anos cun modesto equipo (suficiente ainda así) sen espectativas de futuros cambios (ata que revente!). Un pentium 75Mhz subido de voltas a 100 Mhz que me acompaña en todalas aventuras e que dende sempre, igualmente que o dono, aborrece todo canto ten a marca rexistrada de Microsoft intentando abrirse paso nun mundo de tolos con LINUX e o inmortal DOS.
Gústame/adoro:
- Ser diferente.
- O cine/televisión, sobre todo películas de terror/trillers/dramas e
documentais.
- A comida basura e todas esas cousas que producen colesterol.
- A PEPSI, café e outras "sustancias" que conteñan CAFEINA.
- Sair de carallada cos colegas.
- As rapazas, máis do que polo xeral gustan elas de min claro X-).
- Patinar e andar en bicicleta.
- A demoscene e outras actividades un pouco "underground" da informática.
- Usa-lo teclado.
- A música de case todolos estilos, maioritariamente heavy/rock.
- A xente que non ten medo de dicir o que pensa.
Non me gusta/aborrezo:
- O sistema.
- Ser coma todo o mundo, unha marioneta movida por uns hilos.
- A hipocresía da xente.
- A puta política de merda.
- A puta relixión católica, que non se conforma con putearnos
esta vida, senón que tamén nos quere
putea-la seguinte (se e que existe?).
- A puta vergonza de ter o que algúns chaman espectáculo
nacional (toros).
- O fútbol.
- A puta ley que rixe este país, na que un político que rouba
miles de millóns é intocable namentres que o que rouba por necesidade
se pudre no caldeiro.
- A polizia, guardia civil, exércitos e demais "corpos de defensa" en
favor (?) dunha causa que sempre acaba perxudicando os que non teñen culpa
de nada.
- As inxusticias desta merda de mundo.
- O faszismo, racismo e outros conxuntos de ideais estupidos.
- Windows e derivados.
- A COCACOLA.
- Conducir.
- As viaxes longas.
- Usa-lo rato.
- Algúns estilos (???) de música (coma a "comercial", o bakalao...).
Resto de compoñentes do grupo (por chamalo dalgunha maneira) de
demoscene ELiTE ó cal pertenzo.
Xente que coñezo das partys e tódolos meus colegas...
Como soe pasar, están todos os que son, pero non son todos os que
están, así que se falta algún, que mo diga. ;)
Información adicional... (a min que me contas ?)
Esta páxina foi creada co editor fte. O servidor encargado de que podas acceder a ela é o apache. O tempo de creación como poderedes imaxinar foi mínimo. ;-)